Axenda Urbana
Ribeira

Navegando cara a un futuro máis humano, sostible e intelixente.

Portada
Portada

Axenda Urbana
Ribeira

Navegando cara a un futuro máis humano, sostible e intelixente.

A Axenda Urbana

A Axenda Urbana é o proceso para que axentes públicos e privados dun municipio participen en común na procura dun desenvolvemento equitativo, xusto e sostible. Persegue así a sostibilidade na política local de desenvolvemento urbano, de acordo cos criterios establecidos pola Axenda 2030, a nova Axenda Urbana das Nacións Unidas e a Axenda Urbana Europea e Española.

Ribeira Atlántica

A nosa Axenda Urbana ten como obxectivo integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no modelo de cidade e seguir avanzando nos diferentes retos de desenvolvemento urbano aos que se enfronte Ribeira. Para isto, traballamos en colaboración con diferentes axentes da sociedade ribeirense para desenvolver os proxectos estratéxicos identificados durante as primeiras fases.

Esta participación é fundamental no proxecto de Axenda Urbana, xa que permite construír esta visión conxunta da Ribeira que queremos e avanzar cara a un futuro máis sostible.

A Axenda Urbana Ribeira Atlántica constitúese como a panca tractora para avanzar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e impulsar a transformación da cidade mediante a posta en marcha dos proxectos que aborden os desafíos da súa realidade urbana ata o 2030.

 

Fases

A Axenda Urbana de Ribeira desenvolveuse en catro fases, seguindo a metodoloxía que se propón desde a Axenda Urbana Española.

Diagnóstico Urbano

Identifícanse os retos e necesidades de Ribeira en base a datos descritivos, estatísticos e plans municipais existentes. O resultado é o documento que actúa como punto de partida.

Marco estratéxico

Tómanse como referencia os Obxectivos Estratéxicos propostos pola Axenda Urbana Española para establecer os retos e obxectivos prioritarios de Ribeira, e sentar as bases do desenvolvemento futuro e a transformación da cidade no horizonte 2030.

plan de acción

Recóllense os proxectos ou accións que se van desenvolver ata 2030, especificando o grao de concreción, a maduración e temporalidade de cada unha delas co fin de facilitar a súa posta en marcha no curto, medio e longo prazo. Este Plan, vivo, adaptable e flexible, é a ferramenta municipal que axudará a orientar a planificación da cidade buscando a captación dos fondos económicos que permitan a implementación das actuacións.

sistema de seguimento

Expóñense unha serie de indicadores que permiten medir o grao de execución do Plan de Acción, e o desenvolvemento das accións propostas, facilitando así a adopción de medidas de corrección se fose necesario.

Proyectos

Please wait while flipbook is loading. For more related info, FAQs and issues please refer to DearFlip WordPress Flipbook Plugin Help documentation.

Imagen lateral

Participación

A Axenda Urbana de Ribeira aposta por unha visión consensuada do futuro da cidade, que conte coa implicación da cidadanía no proceso de elaboración do documento de Axenda. Así, estase a traballar, tamén, desde unha perspectiva de participación externa implicando o tecido social, económico e institucional da cidade para unha reflexión compartida sobre cal debe ser o desenvolvemento sostible de futuro para Ribeira.

Para iso, traballouse desde unha perspectiva de participación externa implicando o tecido social, económico e institucional da cidade para unha reflexión colectiva sobre cal debe ser o desenvolvemento sostible de futuro para Ribeira.

A participación cidadá, enmarcada nun proceso transparente e aberto, tivo lugar durante a totalidade do desenvolvemento da Axenda Urbana de Ribeira Atlántica, e permitiu ás persoas participantes incorporar as súas achegas ao Plan de Acción da Axenda Urbana de Ribeira Atlántica.

Accións realizadas

Obradoiros coa comunidade escolar

Obradoiros coa comunidade escolar

Co obxectivo de difundir e presentar a Axenda Urbana de Ribeira Atlántica e, por outro, recoller as ideas e suxerencias do alumnado novo, realizáronse dous obradoiros escolares:

6º de Primaria Colexio O Grupo (colexio público)
3º de ESO Colexio Bayón (colexio concertado)

Os obradoiros desenvolvéronse utilizando unha metodoloxía lúdica e cocreativa para involucrar ao máximo ao alumnado. Guiouse o taller utilizando distintos xogos e actividades participativas especialmente deseñados e adaptados a cada un dos grupos.

Actualidade